INFANCIA MISIONEIRA 2017


Infancia Misioneira é unha das catro Obras Misionales Pontificias: unha Obra dos nenos e cos nenos.

Esta colaboración, que se pode sintetizar no lema "Os nenos axudan aos nenos", consiste simplemente na oración e na axuda material. Os nenos da Infancia Misioneira rezan todos os días unha avemaría por todos os nenos do mundo.

Deus, a través dos nenos

Hoxe en día as necesidades son moitas. Hai millóns de nenos que sofren fame e centos deles morren cada día, moitos non poden ir á escola, outros non poden acceder aos servizos médicos máis elementais. Os orfos, os pobres, os enfermos e, sobre todo, aqueles que non coñecen aínda a Xesús, todos eles, están no centro das nosas oracións.
Con todo, e é importante lembralo, esta Obra non é un organismo de axuda caritativa. Somos unha obra de evanXelización. Queremos levar o Evanxeo a todos os nenos, que son o presente e o futuro da Igrexa. Tratamos de sustentar a actividade misioneira da Igrexa a favor deles coa nosa axuda material, que consiste, hoxe como onte, nunha pequena doazón voluntaria. Non importa a cantidade. Importa o corazón co cal se dá a ofrenda. Millóns de nenos en todo o mundo logran facer que financiemos máis de dous mil proxectos cada ano. Iso serve para comprar catecismos, construír aulas, adquirir alimentos ou medicamentos e tantas outras axudas máis. 

LEMA  "Sígueme"

Ao contemplar o rostro e sentir a tenrura da mirada de Xesús, os nenos escoitan con atención a invitación para ser o mellor dos seus amigos. 

Cartel Infancia Misioneira 2017

Unha escaleira  cos banzos que marcan as letras da palabra "Sígueme". A subida é laboriosa, como se reflicte no rostro dos nenos que están a escalar. Para chegar á meta hai que esforzarse e ascender aos poucos. Aínda que ese esforzo é individual, o percorrido faise en compañía dos demais nenos do mundo.

Os nenos  que soben representan aos mozos e mozas de Infancia Misioneira, un servizo da Igrexa que lles axuda a descubrir que eles poden ser tamén misioneiros. Coa mochila das súas vidas ao ombreiro debuxan a bela imaxe de quen se puxo en camiño seguindo a Xesús.


MATERIAL INFANCIA MISIONEIRA_ESO

MATERIAL INFANCIA MISIONEIRA_ PRIMARIA


No hay comentarios:

Publicar un comentario