DÍA DA PAZ 2014


A paz e a non-violencia é un tema central e transversal que sempre e ao longo de todo o curso, intentamos traballar e ter en conta. Facémolo por convencemento e por opción evanxélica.


Non obstante, por desgraza, aínda que non quixésemos facelo, a realidade "obrigaríanos" a abordar este tema: noticias violentas a nivel mundial e local, pelexas e agresións entre alumnos por cuestións cada vez 
máis nimias, xestos bruscos e violentos que nacen do noso interior case sen decatarnos...


Aproveitamos por iso esta XORNADA MUNDIAL para afondar e traballar o tema cos alumnos de todas as idades, intentando non reducir esta celebración a un acto público e esteticamente vistoso, que pase sen tocar o corazón e a reflexión.

Queremos ser sensibles ante a ausencia de paz ao noso redor, queremos ser sementes de paz.





















PAZ


PAZ NA MIRADA

OBXECTIVO:  Reflexionar sobre a paz, como valor fundamental dende o punto social e cristián, que se consegue con esforzo, traballando día a día, dende o noso interior e en noso arredor, a través da nosa palabra, obras, actitude e acción.

Para enlazar a xornada co obxectivo do ano relacionamos a Paz coa mirada cara ao mundo, cara aos outros. Unha mirada que pode cambiar a realidade que vivimos cada un. Se miramos a través do Amor e a Paz podemos mellorar o mundo.

Con todo iso, en pequenos grupos, trataremos de elaborar un lema
Por exemplo: "Miramos con Paz", "Mirada de Paz", "Ollos do Amor"….
Lema: ……………………………………………….

Actividades:

1º- Colocarase unha gran pancarta co lema elixido. Os alumnos poderán pegar mensaxes persoais co seu compromiso pola paz. Deberán responder á pregunta: 
Que fago ou podo facer eu pola paz?  (compromisos reais e factibles).

2º- Compoñer unha poesía, rap,…  pola paz, que poderá ser da vosa propia creación ou dun autor, citándoo este neste caso. Estas poesías poderán pegarse na pancarta. 

3º- Para decorar o lema  e os propósitos podedes colorear algunha  Mandala.
4º- Visualizar fotos dos ollos de persoas relacionadas coa construción da Paz. Recoñéceos: Gandhi, Sta. Teresa de Calcuta, Martin L. King, Xoán Paulo II, Rigoberta Menchú, Nelson Mandela..., ademais de S. Vicente e Sta. LuisaFíxate na súa mirada, nos seus ollos: Que poden dicir coa súa mirada? Mostran amor aos demais? Cal foi o seu labor en prol da paz?
E tamén está a mirada de Xesús , que nos anima  a mirar cos ollos do amor.










      Cantar e xesticular a canción elixida para ese día.


/Si mueves tú las manos traerás la paz, la paz que Dios nos quiere traer. / (2)
/ TRAERÁS LA PAZ COMO EL SOL,
DERRITE EL ODIO EL CALOR,
OLVIDA EL MIEDO Y COMPARTE SIEMPRE PAZ. / (2)

/ Si mueves tú los dedos...ESTRIBILLO.
/ Si mueves la cabeza... ESTRIBILLO.
/ Si mueves todo el cuerpo... ESTRIBILLO.



OUTRAS CANCIÓNS: 

PAZ ESO


OUTRA MIRADA É POSIBLE

·      Vídeo “Razones para creer” 


“ Outra mirada é posible”. Completa coa túa reflexión persoal. Logo podedes poñela en común

Ø  Por cada insulto a un compañeiro……………………………
Ø  ………………………………………estou co que o pasa mal
Ø  Por cada vez que  nos rimos dun compañeiro…………………
Ø  Por cada vez que se exclúe a un compañeiro…………………
Ø  ……………………………axudo a estudar a un compañeiro
Ø  Por cada falta de respecto a un profesor………………………
Ø  Por cada vez que alguén se sinte só……………………………
Ø  ………………………………………comprométome a sorrir
Ø  Por cada vez que non respecto a fe dos demais ………………
Ø  Por cada vez que pecho os ollos ………………………………
·     Logo da posta en común elaboración dun mural por clase:
“ Outra mirada é posible…..”


No mural poranse os compromisos do día da PAZ que cada clase asumirá

- Visualiza estas fotos dos ollos de persoas relacionadas coa construción da Paz. Recoñéceos: Gandhi, Sta. Teresa de Calcuta, Martin L. King, Xoán Paulo II, Rigoberta Menchú, Nelson Mandela..., ademais de S. Vicente e Sta. Luisa. Fíxate na súa mirada, nos seus ollos: Que poden dicir coa súa mirada? Mostran amor aos demais? Cal foi o seu labor en prol da paz?


E tamén está a mirada de Xesús , que nos anima  a mirar cos ollos do amor.












 Canción  Traerás la paz



/Si mueves tú las manos traerás la paz, la paz que Dios nos quiere traer. / (2)
/ TRAERÁS LA PAZ COMO EL SOL,
DERRITE EL ODIO EL CALOR,
OLVIDA EL MIEDO Y COMPARTE SIEMPRE PAZ. / (2)

/ Si mueves tú los dedos...ESTRIBILLO.
/ Si mueves la cabeza... ESTRIBILLO.
/ Si mueves todo el cuerpo... ESTRIBILLO.



OUTRAS CANCIÓNS: 




ANÁLISE DA PELÍCULA

Temas
“Nun mundo mellor” é un relato dramático dedicado á violencia, a vinganza e o perdón. A directora móstranos tanto a violencia presente nun campo de refuxiados de África, coma a violencia padecida e protagonizada por uns nenos de dez anos nun país europeo moi avanzado como é Dinamarca.

Susanne Bier non propón o tema da violencia de xeito gratuíto, senón que presenta as situacións de modo que o público comprenda a súa orixe e as súas consecuencias, sempre negativas.
Outro dos temas importantes é o paterno-filial: a relación entre o pai e o fillo. Por un lado a historia de Elias e Anton, que traballa como médico nunha ONG en África (o que lle fai pasar fose de casa longas tempadas), e por outro a relación entre Christian e o seu pai (executivo en Londres), que acaban de perder a súa nai e esposa, respectivamente. Dende o principio é evidente que Christian culpabiliza o seu pai e desprézao (a frialdade entre eles reflíctese visualmente no predominio de azuis); pola súa banda, Elias, bérralle á súa nai " Déixame en paz, déixame tranquilo. Te odio! ", e recibe alborozado o seu pai. Evidentemente as relacións interxeracionais non son doadas.
Por último, o perdón, que non queda claro que Marianne dea a Anton pola súa infidelidade; pero si a Christinan, que tamén llo pide a Elias. Con anterioridade, os tres implicados no acoso escolar non parecen sinceros no seu arrepentimento, e de ningún xeito se desculpa o mecánico.
A película formula, e permite formular, cuestións como as seguintes:
- As relacións entre a auténtica solidariedade, a defensa do máis débil, e o afán irracional de revancha.
- A diferenza entre unha actitude sinceramente pacifista, conciliadora, e a covardía.
- A discutible coherencia de quen se dedica a un labor humanitario pero descoida as súas relacións coas persoas que ten máis preto.
- As dificultades de comunicación no ámbito familiar.
- A posibilidade de que un mesmo feito poida ser interpretado de maneiras opostas por un neno e polos
adultos que o rodean.
Personaxes
Anton, o pai de Elías, un médico que pasa tempadas traballando nun campo de refuxiados de África. Ten dous fillos e está a separarse da súa muller. Preséntaselle case como un heroe cuns valores éticos e unha forza moral admirables. Quere dar exemplo aos seus fillos de que a comunicación é máis eficaz que a violencia á hora de resolver problemas, pero ante determinadas situacións se cuestionará os seus ideais. É pacífico e dialogante, pero estáselle a pedir constantemente que se mostre valente, forte, e que pase á acción.

Big Man é un "señor da guerra", prototipo de personaxe violento e sen matices. Torturou a mulleres e matado a nenos. A xente do poboado no que Anton é médico témeo e odia. Un día aparece ferido ante Anton, a única persoa que o pode salvar. Este, baixo un conflito moral decide axudarlle, pero a xente do poboado encargarase rapidamente de rematar coa súa vida, vingándose de todo o mal que fixo, sen que Anton se opoña. Este episodio mostra a Anton como un home que dubida.

Elías é un dos protagonistas infantís do filme. Recibe ameazas e maltrato por parte dunha cuadrilla de nenos da súa escola. El é moi sensible e doadamente influenciable. Como consecuencia da distancia que vive respecto ao seu pai e a admiración polo seu amigo Christian, e para sentirse valente, chega a facer cousas nas cales non sempre cre.
Christian é un neno que acaba de perder a súa nai. Xunto co seu pai trasládanse á casa da avoa. Christian non asumiu a morte da súa nai e sente un grande odio cara ao seu pai, ao que culpa inxustamente desta perda. A súa triste realidade non asumida e a necesidade de canalizar a súa ira condúceno a respostas non racionais, incitando a Elías en varias ocasións a vivir experiencias violentas. A magnífica interpretación do actor e a frialdade ante algunhas situacións pódenos fan esquecer que Christian é só un neno con problemas afectivos.

O pai de Christian é unha persoa fría e distante que non sabe como relacionarse co seu fillo. Cústalle resolver o conflito que mantén con el, e ante a agresividade e a violencia que este xera non sabe como actuar. Esta incomunicación resolverase ao final da fita. Como o seu fillo tamén necesita apoio emocional.

A nai de Elías é unha muller que se preocupa pola súa familia. En varias ocasións preséntase desbordada, case histérica, respondendo a situacións vividas polos nenos. Niso tamén inflúe a difícil relación que mantén con Anton, o seu ex marido.

Lars é mecánico. Personaxe secundario que como Big Man aparece sen matices, sendo desencadeante de parte da violencia que se manterá durante toda a película, poñendo a proba as conviccións de Anton, e tamén as nosas.
Tratamento
Ao principio da película preséntase aos diferentes personaxes e os conflitos de cada un: vemos a Antón en África onde lle falan de Big Man; o funeral da nai de Christian; o maltrato no colexio a Elias; a preocupación da nai do neno, que se está a separar do seu marido. A partir de aí empeza a formularse o triángulo de conflitos externos que desencadearán a historia para que a narración da película poida desenvolverse. Por un lado, a ameaza co coitelo dos dous nenos ao seu inimigo do colexio; por outra, a discusión entre Lars e Antón nos bambáns, que impulsará os rapaces a levar a cabo a súa vinganza e, finalmente, a historia de Big Man, descarnadamente violento nun país africano indeterminado.
O paralelismo entre a violencia instaurada en África como forma de control social, e a que encarnan os nenos daneses, está continuamente presente a través da figura de Anton.
As situacións que se presentan son extremadamente dramáticas, e a orixinalidade deste filme recae en que estean fundamentalmente tratadas dende o punto de vista dos nenos.

 ACTIVIDADES

1. EN QUE CLASE DE MUNDO VIVIRIAMOS SE IMOS POR AÍ PEGANDO A XENTE?
A ira ou o enfado son reaccións emocionais humanas necesarias e normais. O problema non son estas emocións en si, senón a forma na que as xestionamos.

- Le a seguinte cita e responde ás preguntas que vén a continuación:
"Calquera pode enfadarse, iso é algo moi sinxelo. Pero enfadarse coa persoa adecuada, no grao exacto, no momento oportuno, co propósito xusto e do modo correcto, iso, certamente, non resulta sinxelo. " (Aristóteles, s. IV antes de Cristo).

-       Enfádaste a miúdo?
-       Cales son as situacións que espertan o teu enfado?
-       A que actitudes das persoas es especialmente sensible e cales fan que te enfades?
-       Como reaccionas ante esas situacións ou actitudes?

- EN GRUPO reflexionade sobre esta frase: Un gran defensor dos dereitos humanos, Martin Luther King dixo:"Aprendemos a voar coma os paxaros e a nadar coma os peixes, pero non aprendemos a sinxela arte de vivir xuntos coma irmáns".

            - Escribe ou comenta algo que queiras a cambiar na túa forma de actuar despois desta reflexión.
2. UNS TANTO, OUTROS TAN POUCO

Esta película empeza con imaxes dun campamento de refuxiados en África. Nunha camioneta chega o equipo médico, recibido con alegría por nenas e nenos que, a pesar do po que levanta a camioneta, a seguen correndo. Parecen vivilo como un xogo.

- Imaxina que ti es un habitante dun campo de refuxiados e escribe por orde de prioridade aquilo ao que máis che custaría renunciar. Aquí tes algúns exemplos para que poidas facer o teu propio listado:
- Alimentos - Auga- Educación - Sanidade - Medios de comunicación (Internet, raio, televisión) - Cultura - Roupa...

Segundo RTVE, con datos do Consello Xeral do Poder Xudicial, no primeiro trimestre deste ano tramitáronse 15.000 desafiuzamentos. Estas familias tamén teñen que deixar as súas casas porque non puideron seguir pagando por elas, xa sexa porque quedaron sen traballo, por enfermidade, por problemas económicos.
- Como cres que se senten estas familias ao ter que deixar as súas casas?

Segundo o INEM (Instituto Nacional de Emprego) o número de parados/ás no Estado Español supera os 4.800.000.
- Sinala das seguintes afirmacións coas que esteas de acordo:
- O traballo é un dereito de ser humano para ter unha vida digna.
- A crise sempre a pagan os traballadores.
- É normal que pechen as empresas que non son competitivas.
- A situación é preocupante, cada vez ponse peor
3. DÁSLLE, DÁCHE, DÁSLLE, ASÍ EMPEZAN AS GUERRAS.
Christian expresa a súa xustificación para a conduta violenta que tivo con Shull: "Tiña que pagalo” e engade "Non tes nin idea disto papá, pasa en todos os colexios".

- Cres que no teu centro educativo se dan accións de violencia psicolóxica e/ou física contra algún compañeiro ou compañeira?
- E no teu pobo?
- Presenciaches algunha vez unha situación deste tipo? Como te sentiches? Cal foi a túa reacción?
- Coñeces alguén que gravase escenas violentas, para despois facelas públicas en internet?
- Que opinión che merecen as persoas que o fan?

4. SEMPRE SERVE "POÑER A OUTRA MEIXELA"?

-       Como é posible construír un mundo mellor?

-       Recordas as situacións en que se din estas frases?
Golpeoume e devolvinlle o golpe; tiven que facelo, ese rapaz é moito máis grande ca min, non tiven elección, teríame destruído. Non se vai por aí pegando á xente, non serve de nada. En que clase de mundo viviriamos?
É un idiota. Se lle pego, entón o idiota son eu. Por que non estás en comisaría?

- Que terías dito ti en cada un deses momentos?

Analiza a parte da historia que transcorre no ámbito escolar.
- É correcto o proceder de Anton cando accede a atender a Big Man? E cando deixa que lle apliquen a "lei do máis forte" (que é a que el veu aplicando cos demais)?
- O ser humano é violento por natureza ou por contaxio cultural do ámbito? Explícao

Recorda: "Aprende a tratar aos demais do modo en que queiras ser tratado". 

-       Para finalizar, pódese realizar unha dinámica en grupo grande onde cada alumno/a diga, en voz alta, unha calidade positiva de cada compañeiro/a. Despois poden compartir como se sentiron ao oír cousas positivas deles/as e como se sentiron ao dicilas dos demais compañeiros/as.


INFANCIA MISIONEIRA 2014


A Obra de Infancia Misioneira é unha institución da Igrexa universal que promove a axuda recíproca entre os nenos do mundo. Miles de pequenos dos cinco continentes participan nesta Obra Pontificia, que ten como lema "Os nenos axudan os nenos".
A Obra da Infancia Misioneira constitúe "unha verdadeira rede de solidariedade humana e espiritual entre os nenos dos antigos e novos continentes" (Xoán Paulo II). Coa súa oración e a súa colaboración económica os nenos poñen o seu gran de area para transformar o mundo coa mensaxe alegre e esperanzadora do Evanxeo e experimentan o que é ser "pequenos misioneiros".

En España, a Xornada de Infancia Misioneira celebrarase o próximo domingo 26 de xaneiro, como culmen das actividades que os nenos misioneiros realizaron ao longo de todo o ano -Sementadores de Estrelas, festivais da Canción Misioneira...

A revolución de Jeferson non é unha historia nin un documental, e menos aínda un xogo no patio do colexio... É simplemente a posta en escena de como os máis pequenos son capaces de pasar da curiosidade ao interese, de compartir a doazón de si mesmos; en definitiva, de como chegan a transformarse en pequenos misioneiros.




19 XANEIRO, XORNADA MUNDIAL DAS MIGRACIÓNS

Cen anos ao servizo das migracións

No ano 1914, durante o pontificado de Benedicto XV, tivo lugar a primeira Xornada Mundial de Migracións. Precisamente, nesta ocasión, e para celebrar o centenario, a Conferencia Episcopal Española quixo presentar a Xornada de xeito especial.


Os bispos españois subliñan na súa mensaxe que o Papa Francisco "vai diante e nos estimula no noso empeño, non só coas súas palabras senón co testemuño da súa vida" e fan referencia a que unha das súas primeiras saídas foi á Isla de Lampedusa "a icona máis expresiva da reiterada traxedia de tantos inmigrantes que deixan a súa vida no mar ou nos camiños". Así mesmo recordan tamén outros lugares, que saben tamén desas traxedias, como o Deserto doSahara, Arizona e, en particular, as costas do Sur de España.

Necesítase -en palabras do Papa, que aparecen ao final do vídeo- o paso dunha actitude defensiva e receosa, de desinterese ou de marxinación, -que, ao final, corresponde á cultura do rexeitamento- a unha actitude que poña como fundamento a cultura do encontro, a única capaz de construír un mundo máis xusto e fraterno, un mundo mellor".

18 - 25 XANEIRO: SEMANA DE ORACIÓN POLA UNIDADE DOS CRISTIÁNS

Temos de acoller o don da unidade na construción e vivencia da comuñón eclesial. O ecumenismo constitúe unha dimensión existencial, un estilo de vida cristiá cuxo referente inmediato e último é a vida de Xesús e a súa Mensaxe. Crecer en comuñón con Deus en Cristo, ser fieis á propia identidade eclesial e á verdade, buscar a plenitude da unidade visible da súa Igrexa por medio da oración e o diálogo fraterno é o noso compromiso. “Ás veces xorden tensións e conflitos que feren a unidade da Igrexa, pero somos nós que as provocamos. Por iso hai que fomentar sempre a comuñón en todos os ámbitos da vida para crecer na unidade que Deus nos dá, e tamén para favorecer o camiño ecuménico. E, como esta unidade non é froito de acordos humanos, senón obra do verdadeiro artífice, o Espírito Santo, habemos de pedila con perseveranza na oración”. (D. Julian Barrio. Da Carta Pastoral no octavario pola unidade dos cristiáns 2014)