JMV CELEBRA A VIDA CON MARÍA


En JMV celebramos un ano máis a clausura do mes de Maio, mes da Virxe María, e ao mesmo tempo o cese temporal das nosas actividades (dentro de nada volveremos reunirnos para a ansiada convivencia de fin de curso, campamentos...) Con esta celebración no patio da Virxe intentamos estar moi preto da nosa Nai do Ceo coas nosas cancións, as nosas oracións, as nosas ofrendas e, por suposto, encomendándonos a Ela para levar a cabo o noso traballo agora que remata o curso, con ilusión e alegría.

Como peche do mes de Maio organizamos unha sinxela oración na que a protagonista foi, como non, MARÍA. E ao finalizar compartimos un estupendo rato de merenda.





 
 
 
 
 




II MARATÓN DE CÉNTIMOS

A mañá do venres 24 era moi esperada... Por fin celebrariamos no colexio a "Carreira de céntimos"...  Despois de romper a hucha dos céntimos (abofé que algún estivo xuntando todo o ano!!!), de baleirar os petos das avoas, de ... chegou o esperado día da carreira.
Esta actividade ten como obxectivo concienciar aos alumnos da necesidade de compartir, da  precaria situación de moitas persoas e conseguir diñeiro para seguir apoiando diferentes proxectos solidarios. Neste caso é a colaboración co comedor benéfico.
Dende Infantil, Primaria e ESO  fixestes un grande esforzo para que se recadase o máximo posible.
Grazas aos alumnos/as e a todos os mestres/as pola vosa participación!!!
 
 

 
 


 

 

 


VISITA DE ANA LÓPEZ, MISONEIRA LAICA VICENCIANA


Ana López Castaño, misioneira laica de Lugo que está a exercer o seu labor en Bolivia encóntrase de visita en España, e tivemos o gusto de recibila no noso colexio. 
Aquí estivo na mañá do martes 21 compartindo as súas experiencias cos alumnos de ESO, Primaria e Infantil.
Ana López traballa, sobre todo, no penal de San Pedro de Sacaba, en Bolivia, levando a Boa Nova de Cristo resucitado entre os presos, moitos dos cales perderon a esperanza.
O seu obxectivo foi darnos unhas pinceladas do que é o seu traballo como misioneira seglar ("non é monxa"... "e que moderna é", como comentaba algún pequeno polo baixo) coñecendo tamén a súa misión, apoiada polos Misioneiros Laicos Vicencianos de San Vicente de Paúl (MISEVI) e achegarnos a realidade que a diario se vive en Bolivia (maltrato da muller, violencia, delincuencia, drogas, exclusión social, analfabetismo, ....) e o cárcere de alí. 
Foi unha experiencia fantástica ter a Ana entre nós, mostrándonos unha realidade que nos fai dar grazas a Deus cada día pola sorte que temos de vivir aquí e de termos unha familia que nos axuda e apoia.
Dende aquí agradecémoslle o seu compromiso, o seu esforzo e xenerosidade por cedernos parte do seu tempo de vacacións.
GRAZAS, ANA!!!!


CAMPAMENTOS JMV


O verán está ás portas e, como traballastes moito durante este curso, seguro que xa estades planificando as vacacións... En JMV temos claro que as actividades seguen e que os campamentos teñen unha importancia fundamental para complementar o traballo realizado durante o ano. Velaí a nosa oferta:
Do 5 ao 15 de xullo: 5º e 6º de Primaria (La Mata -LEÓN)
Do 10 ao 20 de xullo: 4º ESO (La Mata-LEÓN e Benagalbón-MÁLAGA) 
Do 15 ao 25 de xullo: 2º e 3º de ESO (La Mata
-LEÓN)
Do 20 ao 30 de xullo: 1º ESO (Tui-PONTEVEDRA)
A nivel nacional:
Do 16 ao 20 de xullo Encontro de mozos en Benagalbón
Do 21 ao 28 Escola de Catequistas en Benagalbón


Pide información ás catequistas de JMV e anímate a participar!!! Será unha experiencia fantástica!!! Atrévete a soñar!!! VIVE!!!!

24 MAIO: DÍA SOMOS

ÚNETE O 24 DE MAIO AO DÍA SOMOS. SAL Á RÚA CON UNHA PEZA DO REVÉS
PORQUE XUNTOS PODEMOS DAR A VOLTA AO MUNDO
Sen ti non podemos cambiar o mundo. Por iso, o próximo 24 de maio contamos contigo para celebrar o Día SOMOS. Sal á rúa cunha peza do revés e demostra que se pode dar a volta ás cousas e vivir nun mundo mellor.

www.somosasi.org

MATERIAIS PARA TITORÍA (INFANTIL, PRIMARIA, ESO)



E TAMÉN...

XENTE SOMOS. VÍDEOS

JMV - ENCONTRO XUVENÍS E CONVOCATORIA MADRID 2013

Xoves 23 de Maio un grupo de oito alumnos e alumnas acompañados polas catequistas Leti e Andrea viaxarán rumbo a Madrid para participar no Encontro Nacional de JMV.
Esperamos que o disfrutedes moito e que APRENDADES A SOÑAR PARA TER VIDA E DAR VIDA porque... XESÚS INVÍTATE A SOÑAR.... Estás preparad@??? Pos.... A SOÑAR

15 MAIO: DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

«A familia é o elemento que aglutina ás sociedades, e as relacións entre as xeracións perpetúan este legado no curso do tempo. Este ano, o Día Internacional da Familia é unha ocasión para celebrar os vínculos que existen entre todos os membros da constelación que conforma unha familia. Tamén é unha oportunidade para reflexionar sobre o modo en que inciden neles as tendencias sociais e económicas, e sobre o que podemos facer para fortalecer as familias en resposta a iso.»

FAMILYDAY

CANTOS MES DE MARÍA

MARÍA, MARÍA
Nesta canción presentamos distintas actitudes que tivo María na súa vida. María que enche a festa da presenza do seu fillo e do viño da alegría que non remata. María cos fillos que sofren a guerra, a fame, a cruz, a soidade. E por último María na Gloria da sinxeleza, a benaventurada por xeracións. Cada estrofa remata cunha breve oración: axúdanos, María, a ser coma ti: viño bo, apoio ao que leva a cruz, sempre os de Xesús.





    RE                                       LA
1. Cuando la vida es una boda triste
                 SOL
donde se acaba el vino
                RE
Allí estás tú, María.
              RE                             LA
Para que todo se convierta en fiesta
SOL  
tu nos traes a tu Hijo,
                 RE
aquí estás tú, María.

     Mim       LA             RE si#m
Ayúdanos a ser vino mejor,
   Mim                                       LA
agua y tristeza cambien en canción.

RE            si#m
MARÍA, MARÍA, María, tú nos regalas tu alegría
Mim         LA              RE            si#m               
TU NOS AYUDAS A SENTIR TU ALEGRÍA,
Mi#m           LA             fa#m            si#m
FUERZA DE DIOS ES EL AMOR QUE TE GUÍA
Mim              SOL               LA
Y AHORA QUEREMOS COMPARTIR.

2. Cuando la vida es una cruz pesada,
espinas y cansancios,
allí estás tú, María.
Para que todo se convierta en vida
mantén nuestra esperanza
sí aquí estás tú, María.
Ayúdanos a dar vida y amor
a gente que se apaga en su dolor.

3. Cuando la vida se llena de estrellas
y el mundo es una fiesta
aquí estás tú, María.
Madre sencilla, luz de nuestra casa,
tú nos traes a tu hijo
y aquí estás tú, María.
Ayúdanos a ser "los de Jesús",
que seamos siempre fuego como tú.


MARÍA, MARÍA.mp3

UN BESO PARA MARÍA

Un beso para María
page1image3008
Un beso para María, 
un beso te quiero dar, 
una flor y un abrazo 
yo te quiero regalar
Mua, mua, María,
un beso te quiero dar, 

Mua, mua, María,
yo te quiero regalar.

El mundo te necesita, 
el mundo te pide paz,
 tú, madre buena,
nos auxiliarás.

Mua, mua, María,
un beso te quiero dar, 

Mua, mua, María,
yo te quiero regalar. 


UN BESO PARA MARÍA (Y MÁS...).mp3



CANCIÓN BRUNO, EL PAYASO.mp3

Era Bruno un payaso, un payaso feliz
no tenía malicia y sabía reír
le gustaba la luna de las noches de abril
y su único trabajo era el hacer reír....
y su único trabrajo era el hacer reír.
La gente le decía ...encuéntrate
tú tienes otra vida , encuéntrate
Bruno pensaba ¿ por qué Señor?
¿ Cuál es mi vida , qué sere yo?
Sucedió que una noche
de las noches de abril
se quitó el maquillaje
y no quiso salir
se lanzó por el mundo
en busca de otro yo
y dicen que hubo un circo
que nunca más rio
y dicen que hubo un circo
que nunca más rio.
La gente le decía... encuéntrate
tú tienes otra vida, encuéntrate
Bruno pensaba ... ¿ por qué Señor?
¿Cuál es mi vida, qué sere yo?