ORACIÓN DO VIA CRUCIS

Xesús ora en soidade, entrégase ás mans do Pai para logo pasar ás mans dos seus inimigos. A oración de Xesús por riba de todo é de confianza no amor do Pai e no seu poder. Os discípulos, non obstante, non entenderon nada e quedaron durmidos, alleos á tristura de Xesús. Xesús reprende a Pedro, dicíndolle: Non puideches velar nin sequera unha hora? 
Nós, nestes días previos á súa morte, quixemos velar a Xesús, tal e coma El nos dixo:"Velade e orade". Quixemos recordar a Paixón e Morte de Xesús camiñando ao seu lado, con este Via Crucis.


(Se queredes o texto, premede no seguinte enlace): ORACIÓN VIACRUCIS




40 DÍAS NO DESERTO ... E DESPOIS CARGAR COA CRUZ

A cruz está inscrita na vida do home. Querer excluíla da propia existencia é como querer ignorar a realidade da condición humana. Fomos creados para a vida e, non obstante, non podemos eliminar da nosa historia persoal o sufrimento e a proba.
Xoán Paulo II

I MARATÓN CÉNTIMOS 2012

Con motivo da Semana Vocación-Misión que cada ano se celebra en todos os Centros Educativos Vicencianos de España na semana do 15 de Marzo (Festa de Santa Luisa Marillac, fundadora das Fillas da Caridade, xunto a San Vicente de Paúl), dende o Departamento de Pastoral do Colexio La Inmaculada propuxemos a pais, profesores e alumnos a realización da "I MARATÓN DE CÉNTIMOS". A maratón consistiu en recoller o maior número de moedas de céntimo (non se admitían euros, só céntimos). Estes recolléronse en tres botes durante toda a semana (do 12 ao 16 de marzo). Un representaba a Educación Infantil, outro a Educación Primaria e o terceiro a Educación Secundaria. Pasada a semana de recollida, o luns 19 de marzo pola tarde efectuamos a carreira no polideportivo do colexio. Gañaría a etapa que conseguira a fila máis longa de céntimos (nesta ocasión a cantidade recadada non contaba). 
Ao final, todos os grupos de alumnos acabaron cantando "Campeones.... Solidarios, oeoeoeooo". E iso é o que foron: pequenos heroes que se esforzan cada día por construír un mundo mellor e por loitar por unha causa común que os uniu a todos. 
O resultado? Todos gañaron: en participación, en xenerosidade, en solidariedade e en compromiso. 
O diñeiro recadado irá destinado ás obras sociais que levan adiante as Fillas da Caridade en Marín. 
Grazas a todos, campións!!!!

19 MARZO, DÍA DO SEMINARIO

Juan Carlos Ramos é un sacerdote da diocese de Alcalá de Henares, durante un tempo director do programa dominical da 2 de TVE "O día do Señor".  A irrupción do sistema de GPS na vida dos condutores serve como pretexto para falar do doado que é vivir a vida cando se ten claro o rumbo e as indicacións para alcanzalo.










4ª SEMANA DE CORESMA

FESTA DE SANTA LUISA

E chegou a Semana Vocación-Misión, e como non, a Festa de Santa Luisa de Marillac.
Para celebrar esta data tan especial, os membros de JMV colaboramos na ambientación do noso centro...







































... E incluso varias Santa Luisa moi especiais apareceron polas clases de Infantil e Primaria comunicando a súa mensaxe e traéndolles pequenos agasallos aos nenos, ademais da tradicional e esperada "piruleta"...

 















I MARATÓN DE CÉNTIMOS

¿QUEN GAÑARÁ?
BOTE DE INFANTIL



ÁNIMO A TOD@S!!!!!! XA QUEDA MENOSSSSSSSS
CONTAMOS COA VOSA COLABORACIÓN PARA GAÑAR A CARREIRA ......



SEMANA VOCACIÓN-MISIÓN (MATERIAIS PARA AS DIFERENTES DINAMICAS)

Con vistas á Semana Vocación-Misión que celebraremos nos nosos centros a viniera semana, adxúntovos diversos vídeos recomendados para os diferentes cursos, co fin de facilitar o voso traballo.
Moitas grazas polo vos o esforzo na tarefa de facer, entre todos, unha escola en pastoral.

revista_semana_vocacional_2012.pdf


INFANTIL
“Jesús cura a un ciego”     


1º CICLO PRIMARIA




2º 3º CICLO PRIMARIA
“Dadles vosotros de comer”. (Mc 6, 34-37)   
 


MIRA HACIA TU ALREDEDOR (Alejandro Lerner)

ESO


BEBE "SKA DE LA TIERRA"

PARABOLA DEL SEMBRADOR


PARÁBOLA DEL BUEN SAMRITANO